miércoles, 27 de mayo de 2015

‘O entusiasmo dos nenos é clave para manter a ciencia’ Claude Cohen-Tannoudji, premio Nobel de Física

“O entusiasmo dos nenos é clave para manter a ciencia”. É a sentenza dun premio Nobel, Claude Cohen-Tannoudji, que visita Santiago dentro do programa ConCiencia. “A formación dos máis novos é de extrema importancia”, engadiu: “Estimulalos vocacionalmente para aprender, fomentar o seu entusiamo é clave”.
Claude Cohen-Tannoudji recibe a medalla da Universidade de Santiago.
Claude Cohen-Tannoudji recibe a medalla da Universidade de Santiago.
Cohen-Tannoudji gañou o Nobel de Física por conxelar os átomos. Pioneiro en métodos de arrefriamento atómico con feixes de láser, as súas investigacións supuxeron un grande avance para a tecnoloxía láser, ossistemas GPS ou a precisión na medida do tempo. Nun encontro cos medios de comunicación enCompostela, o investigador recoñeceu o papel fundamental de Albert Einstein na comprensión básica da luz. “Introduciu os conceptos de fotón e de emisión estimulada, que é a base do láser, e foi tamén quen descubriu que a luz ten un momento, unha idea usada nos últimos anos para intentar parar os átomos e reducir a súa temperatura, un campo novo e moi prometedor, por exemplo, para elaborar reloxos ultraprecisos. Esa ultraprecisión, matizou, “pode servir para realizar continuos test da Teoría Xeral da Relatividade que axudan a unha mellora das medicións e, como resultado, a unha maior efectividade na aplicación da tecnoloxía”.
“Parar os átomos permite elaborar reloxos ultraprecisos”
O profesor do Collège de France e Laboratoire Kastler Brossel da École Normale Supérieure (Francia) recibiu en 1997 o Premio Nobel “polo desenvolvemento de métodos para arrefriar e atrapar átomos con luz láser”. El foi un dos primeiros en propoñer o bombardeo de átomos con luz coherente para desaceleralos. Seguindo estas propostas, en 1985 Steven Chu arrefriou un feixe de átomos a unha temperatura de 240 millonésimas de Kelvin por riba do cero absoluto, o que supoñía unha velocidade dos átomos de 0,5 km/h. En 1988William D. Phillips acadaba unha temperatura de 40 millonésimas de grao por riba do cero absoluto. En 1995, Cohen-Tannoudji rebaixou a temperatura ata 0,2 millonésimas de grao por riba do cero absoluto.
O premio Nobel, xunto ao reitor Juan Viaño e ao catedrático Jorge Mira.
O premio Nobel, xunto ao reitor Juan Viaño e o catedrático Jorge Mira.
As técnicas desenvolvidas por el, Phillips e Chu foron esenciais para manipular e controlar átomos, o que permitiu dende entón á comunidade científica facer progresos en moitas tecnoloxías. O exemplo máis destacado son os reloxos atómicos, tanto máis precisos canto maior sexa o control sobre os átomos usados ​​para medir o tempo, que axudaron a mellorar a navegación espacial e ossistemas GPS, entre outros avances.
A visita de Cohen-Tannoudji inicia a edición de 2015 do Programa ConCiencia de divulgación científica que dirixe o profesor da USC Jorge Mira. O físico francés de orixe alxeriana xa asinou no Libro de Honra da universidade. Este xoves 28, ás 11.30 horas, manterá na Aula Magna de Física unha xuntanza con investigadores do eido da fotónica e o láser e, ás 19.30 horas, pronunciará no Auditorio Abanca unha conferencia aberta ao público en xeral sobre a manipulación de átomos con luz.


http://www.gciencia.com/ciencia/o-entusiasmo-dos-nenos-e-clave-para-manter-a-ciencia/

Descubre la energía


Engage, un portal que ofrece recursos educativos para trabajar con los alumnos

Engage es un portal de recursos educativos gratuitos que los docentes pueden emplear en sus clases de ciencias (ciencias de la naturaleza, biología, geología, física, química, etc.) 
Engage2web




https://descubrelaenergia.fundaciondescubre.es/recursos/material-didactico/

lunes, 25 de mayo de 2015

Clikmica

¿Tienes alguna curiosidad relacionada con la química? Participa, envía tu pregunta. El equipo de expertos de Clickmica la responderá lo antes posible ‪#‎masquimica‬

http://clickmica.fundaciondescubre.es/conoce/que-quieres-saber

jueves, 7 de mayo de 2015

Indefensión aprendida

Cuando a un estudiante se le evalúa negativamente de manera continua, desarrolla indefensión aprendida, deja de responder e intentar mejorar.

lunes, 4 de mayo de 2015

Interés de la mujeres por la ciencia


Leer aquí

Michio Kaku: Los niños nacen siendo científicos pero son aplastados por la sociedad y la educación

En esta entrevista el físico teórico Michio Kaku, es enfrentado al problema de la falta de interés de los niños por la ciencia y las matemáticas, problema al que responde recordando una pregunta que su hija le hizo hace algunos años, la cual lo hizo cuestionar el objetivo de la educación contemporánea..

Según Kaku, todos los niños nacen siendo científicos en potencia, hasta que la sociedad y la educación formal aplastan su curiosidad