jueves, 3 de mayo de 2012

Unidade Didáctica: Antonio Casares

Co gallo do segundo centenario do nacemento de Antonio Casares Rodríguez, a Real Academia Galega de Ciencias dedícalle a este químico galego o Día do Científico Galego no 2012. Esta unidade didáctica tenta levar á aula a este extraordinario home a través de dez textos nos que se abordan, dun xeito obrigadamente reducido, algunhas das importantes achegas científicas de Antonio Casares. Quedarán fóra asuntos tan importantes como a toxicoloxía, os traballos farmacéuticos, a viticultura, o coleccionismo científico ou as súas múltiples respon- sabilidades directivas, pero a intención, extensión e orientación desta unidade aconsellou facelo así. As actividades que aparecen nas dez propostas teñen por obxecto o traballo nas competencias , pero non deixan de ser orientativas, e será a profesora ou o profesor quen estableza a súa idoneidade, realizando os cambios que considere apropiados. Para ler máis e descargargar a Unidade Didáctica click aqui

No hay comentarios:

Publicar un comentario