sábado, 17 de noviembre de 2012

XXV Congreso de ENCIGA

Invitación desde o Comite Organizador do XXV Congreso de ENCIGA (Asociación de Ensinantes de Ciencias de Galicia)
No douscentos aniversario do nacemento do egrexio científico galego Antonio Casares, a comunidade educativa do Instituto Arcebispo Xelmírez I ten a ledicia de ser a sé do XXV Congreso de ENCIGA no que se celebran as vodas de prata da nosa asociación. É para todos nos un motivo de satisfacción poder conmemorar esta longa e rica traxectoria, que ten servido para estimular a innovación educativa no terreo das Ciencias Experimentais e permitir o intercambio e a comunicación entre ensinantes de toda Galicia e mais aló das nosas fronteiras.
Nos tempos que corren dunha fonda crise económica e de valores, a dignificación da nosa profesión por medio da mellora do noso traballo didáctico diario, será unha contribución clave na defensa da importancia social do ensino. Esperamos que ENCIGA continúe polo menos outros vintecinco anos máis para apoiar aos ensinantes de Ciencias e en xeral a todo o ensino.
A equipa organizadora deste evento e toda a comunidade educativa, espera que vos sintades moi a gusto nas nosas instalacións e que estas tres xornadas de debates e reencontros sexan do máis frutíferas e produtivas.
Unha forte aperta dende o “Campus Stellae”, principio e fin do Camiño de Santiago.
O Comité Organizador.

Déixovos o programa por se vos animades a ir o próximo 22, 23 e 24  de novembro. Creo que pode ser interesante para comprobar o traballo de profesores e profesoras de Ciencias:
http://www.enciga.org/files/2012/Libro_Guia_XXV_Congreso_2012.pdf
http://www.enciga.org/

No hay comentarios:

Publicar un comentario