jueves, 22 de noviembre de 2012
sábado, 17 de noviembre de 2012
XXV Congreso de ENCIGA
Invitación desde o Comite Organizador do XXV Congreso de ENCIGA (Asociación de Ensinantes de Ciencias de Galicia)
No douscentos aniversario do nacemento do egrexio científico galego Antonio Casares, a comunidade educativa do Instituto Arcebispo Xelmírez I ten a ledicia de ser a sé do XXV Congreso de ENCIGA no que se celebran as vodas de prata da nosa asociación. É para todos nos un motivo de satisfacción poder conmemorar esta longa e rica traxectoria, que ten servido para estimular a innovación educativa no terreo das Ciencias Experimentais e permitir o intercambio e a comunicación entre ensinantes de toda Galicia e mais aló das nosas fronteiras.
Nos tempos que corren dunha fonda crise económica e de valores, a dignificación da nosa profesión por medio da mellora do noso traballo didáctico diario, será unha contribución clave na defensa da importancia social do ensino. Esperamos que ENCIGA continúe polo menos outros vintecinco anos máis para apoiar aos ensinantes de Ciencias e en xeral a todo o ensino.
A equipa organizadora deste evento e toda a comunidade educativa, espera que vos sintades moi a gusto nas nosas instalacións e que estas tres xornadas de debates e reencontros sexan do máis frutíferas e produtivas.
Unha forte aperta dende o “Campus Stellae”, principio e fin do Camiño de Santiago.O Comité Organizador.
Déixovos o programa por se vos animades a ir o próximo 22, 23 e 24 de novembro. Creo que pode ser interesante para comprobar o traballo de profesores e profesoras de Ciencias:
http://www.enciga.org/files/2012/Libro_Guia_XXV_Congreso_2012.pdf
http://www.enciga.org/
viernes, 16 de noviembre de 2012
domingo, 11 de noviembre de 2012
Pseudociencia en TVE e a tetera de Russel
A alma e os órganos transplantados, interesante noticia para levar ao aula. Podemos acompañala para entrar en debate coa da analoxía da tetera acerca da existencia de Deus creada polo filósofo Bertrand Russell.
"Se eu suxerise que entre a Terra e Marte hai unha tetera de porcelana que vira ao redor do Sol nunha órbita elíptica, ninguén podería refutar a miña aseveración, sempre que me coidase de engadir que a tetera é demasiado pequena como para ser vista aínda polos telescopios máis potentes. Pero se eu dixese que, posto que a miña aseveración non pode ser refutada, dubidar dela é dunha presuntuosidad intolerable por parte da razón humana, pensaríase con toda razón que estou dicindo bobadas. Con todo, se a existencia de tal tetera afirmásese en libros antigos, se se ensinase cada domingo como verdade sacra, se se instalase na mente dos nenos na escola, a vacilación para crer na súa existencia sería un signo de excentricidade, e quen dubidase merecería a atención dun psiquiatra nun tempo iluminado, ou a do inquisidor en tempos anteriores".
jueves, 8 de noviembre de 2012
miércoles, 7 de noviembre de 2012
martes, 6 de noviembre de 2012
Hoxe celebramos o día da Ciencia e a Tecnoloxía en galego
VIDEOCONFERENCIA NO PARANINFO DO IES OTERO PEDRAYO DE OURENSE
Título: "Facendo Física de Partículas polo mundo"
Relatores:
Patricia Conde. Investigadora no LIP de Lisboa. Física do experimento ATLAS do CERN.
Olalla Castro. Profesora no City University en Londres. Investiga en Teoría Cuántica de Campos.
Abraham Gallas. Investigador no CERN e na USC. Físico do experimento LHCb do CERN.
Carlos Salgado. Investigador no CERN e na USC. Investiga o estado da materia nos primeiros instantes do Universo..
Cibrán Santamarina. Profesor da USC. Traballa no experimento LHC do CERN.
Título: "Facendo Física de Partículas polo mundo"
Relatores:
Patricia Conde. Investigadora no LIP de Lisboa. Física do experimento ATLAS do CERN.
Olalla Castro. Profesora no City University en Londres. Investiga en Teoría Cuántica de Campos.
Abraham Gallas. Investigador no CERN e na USC. Físico do experimento LHCb do CERN.
Carlos Salgado. Investigador no CERN e na USC. Investiga o estado da materia nos primeiros instantes do Universo..
Cibrán Santamarina. Profesor da USC. Traballa no experimento LHC do CERN.
Contido: Os experimentos do LHC no CERN levan máis de dous anos de toma de datos. Neste período producíronse resultados científicos de grande interese. A descuberta dunha resonancia que podería ser o bosón de Higgs, que foi noticia de primeira páxina en todos os informtivos do mundo, a pescuda de partículas supersimétricas, os resultados na busca do plasma de quarks e gluons, o estado da materia do universo primitivo, son só algúns dos fitos acadados.
Neste proxecto internacional traballan físicos galegos que colaboran con colegas de todo o mundo nun contexto multilingüe. Moitos deles utilizan o noso idioma para realizar parte do seu traballo, tanto no contexto informal de discusións entre eles, como para a realización de traballos científicos (teses e teses de mestrado) así como na docencia e a divulgación científica. Nesta actividade reuniremos nunha videoconferencia a varios investigadores espallados polo mundo que participan nos experimentos do LHC e que nos contarán a súa experiencia científica e lingüística e as vantaxes que lles supuxo saber falar galego.
Neste proxecto internacional traballan físicos galegos que colaboran con colegas de todo o mundo nun contexto multilingüe. Moitos deles utilizan o noso idioma para realizar parte do seu traballo, tanto no contexto informal de discusións entre eles, como para a realización de traballos científicos (teses e teses de mestrado) así como na docencia e a divulgación científica. Nesta actividade reuniremos nunha videoconferencia a varios investigadores espallados polo mundo que participan nos experimentos do LHC e que nos contarán a súa experiencia científica e lingüística e as vantaxes que lles supuxo saber falar galego.
A continuación déixovos un comic onde se explica de xeito simplificado algúns dos obxectivos que teñen os experimentos realizados no LHC:
sábado, 3 de noviembre de 2012
miércoles, 31 de octubre de 2012
A LOMCE un novo fracaso?
Para ver as diferencias entre a LOMCE e a LOE clic aqui
Invítovos a ver a película La educación prohibida
A Educación Prohibida é unha película documental independente estreada en agosto do ano 2012. A mesma documenta experiencias educativas non convencionais en países de América Latina e España, onde están representadas institucións educativas con prácticas vinculadas ás ideas e pedagoxías como a Educación Popular, Waldorf, Montessori, Cossettini, Educación Libertaria, Homeschooling e outras referencias dentro da chamada pedagoxía progresista.O documental divídese en 10 episodios temáticos que abordan diversos aspectos das prácticas educativas no contexto escolar e fóra del. Ademais, o contido da obra compleméntase por animacións que ilustran cada episodio e por un relato que percorre toda a película.
domingo, 28 de octubre de 2012
Os nobel temen pola fuga de talento
O investigador José Manuel Castro Tubío entrevista aos nobel de medicina 2001 e 2002.
sábado, 27 de octubre de 2012
domingo, 21 de octubre de 2012
Libro que axuda a comprender o significado do termo «competencia científica» a través de propostas concretas e exemplos prácticos; tratando de respostar a preguntas como: Debe centrarse o ensino das ciencias no desenvolvemento da competencia científica? Que conceptos e teorías científicas deben incluírse no currículo? Convén ensinar a ciencia de xeito contextualizada? Que tipo de actividade integra mellor a aprendizaxe dos procedementos científicos? Como promover o interese pola ciencia? Como avaliar en clase o desenvolvemento da competencia científica?
Temas centrais - índice
- A noción de competencia científica proporciona criterios para seleccionar, ensinar e avaliar os coñecementos básicos
- Os cidadáns necesitan coñecementos de ciencias para dar respostas aos problemas do seu contexto
- Aprender ciencias é, en boa medida, aprender a ler, escribir e falar ciencia
- As implicacións sociais do coñecemento científico e tecnolóxico forman parte deste e, polo tanto, do seu ensino
- Saber ciencias non equivale a ter competencia profesional para ensinar ciencias
- A avaliación da competencia científica require novas formas de avaliar as aprendizaxes
lunes, 15 de octubre de 2012
sábado, 6 de octubre de 2012
viernes, 5 de octubre de 2012
lunes, 1 de octubre de 2012
domingo, 19 de agosto de 2012
martes, 24 de julio de 2012
Tres alumnos de 4º da ESO gañan o premio científico "Google Science Fair"
Os tres rioxanos, que foron os únicos representantes españois, gañaron na súa categoría de idade (15-16 anos) grazas a un proxecto sobre estudo da vida microscópica en augas doces, titorados por o profesor Antonio Guillén do IES Batalla de Clavijo. Co seu proxecto crearon unha base de imaxes de miles de fotografías e realizaron distintos experimentos para coñecer o comportamento dos microbios no medio acuático.
Un panel de renombrados científicos seleccionou este proxecto como o mellor da súa categoría, tras revisar propostas de miles de estudantes procedentes de máis de cen países.
Fonte:http://www.elmundo.es/elmundo/2012/07/24/ciencia/1343120502.html
Un panel de renombrados científicos seleccionou este proxecto como o mellor da súa categoría, tras revisar propostas de miles de estudantes procedentes de máis de cen países.
Fonte:http://www.elmundo.es/elmundo/2012/07/24/ciencia/1343120502.html
sábado, 14 de julio de 2012
A PARTÍCULA DE HIGGS, OU COMO UNHA EUROPA DOS CIDADÁNS É POSIBLE
A verdade é que entre todos os disgustos que a economía non trae un día si e outro tamén, as portadas dos periódicos do día 5 de xullo déronos unha pequena tregua. A Ciencia foi a protagonista; certamente unha parte dela resulta bastante incomprensible para o cidadán medio, pero a todos seduce cando trata de asuntos tan profundos.
A “partícula de deus” está aquí... ou case. Foi un Premio Nobel, Leon Lederman que escribiu un libro hai unhas décadas insistindo en que ou atopábamos esa partícula ou a nosa comprensión do que nos rodea está errada. Pensou en chamarlle a esa partícula “the goddamn particle” (algo así como “a partícula endemoñada”) polo difícil de ser detectada, pero o editor do libro pensou que vendería máis se o titulaba “the god particle”, e dicir a “partícula divina”. Lederman aceptou ese novo alcume porque en efecto se trataba da partícula máis transcendente que quedaba para pechar un edificio teórico que funcionaba moi ben (a outros moitos físicos, a idea de mesturar ciencia e relixión non lles gustou moito).
Entremos en materia. Se quen isto está lendo quere mover o teclado custaralle máis que se quere mover o rato. Dicimos que o primeiro ten máis masa que o segundo. Por outra parte, como todo está formado de átomos, o teclado ten unha masa que é a suma das dos átomos que o forman. E como os átomos están formados por electróns, protóns e neutróns, pois concluímos que a masa do teclado é a suma das masas de todos os electróns, protóns e neutróns que o forman.
Sendo un pouco máis preciso, sabemos hai xa corenta anos que en realidade os protóns e neutróns están a súa vez formados por outras partículas máis simples chamadas “quarks”. En particular, un protón está formado por tres quarks (dous do tipo “u” e un do tipo “d”, é dicir, un protón = uud)., e un neutrón están formado tamén por tres quarks (dous do tipo “d” e un do tipo “u”, é dicir, un neutrón = udd).
Así que, dunha forma un tanto simplificada, podemos dicir que a masa do teclado, e de vostede mesmo, é a suma das masas dos electróns e dos quarks (“u” e “d”) que forman o ese corpo.
Dado que os electróns e quarks son obxectos moi “pequenos” reciben o nome de partículas, e os físicos que estudan as súas propiedades reciben o nome de “físicos de partículas”.
Pero, por que as partículas teñen masa? E, por que teñen as masas que teñen? E, por que hai tales diferenzas de masas entre unhas e outras?... Por que o teclado ten masa?
Por exemplo o quark “d” ten máis masa que o “u”, e calquera destes dous teñen máis masa que o electrón. Estas preguntas parecen estrañas para os que non traballan en física fundamental, porque a maioría pensan que é unha cualidade desas partículas e xa está. Pero os físicos teóricos non se contentan con un “porque si”. Propoñen modelos, esquemas, construcións mentais, para poder contestar a preguntas como esa.
Nos anos 60 do século pasado, e de forma case independente, uns cantos físicos de partículas teóricos (Peter Higgs, Francois Englert, Robert Brout, Gerald Guralnik, Dick Hagen e Tom Kibble), propuxeron unha explicación para comprender o asunto este das masas das partículas. Presentaron unha mecanismo mediante o cal as partículas adquiren masa. A principios dos setenta comezou a popularizarse esa explicación co nome de “mecanismo de Higgs”, probablemente por ser o apelido máis fácil de pronunciar e lembrar.
Vexamos. Que queremos dicir con “masa”. Pois é unha propiedade que mide a dificultade que presenta un obxecto a cambiar o seu estado de movemento (ás veces dicimos que a masa mide a “inercia” dos obxectos). Así, se precisamos o dobre de forza para que un corpo comece a se mover, en comparación con outro, iso significa que o primeiro ten dobre de masa que o segundo. Tomamos un patrón (un cilindro de iridio e platino de tamaño preciso) e lle damos o valor de 1 kg de masa, e o resto se compara con el. Así lle asignamos o valor da masa a todos os obxectos a partir dese patrón.
Para a inmensa maioría dos fenómenos que nos rodean esta descrición abonda. Para algúns máis meticulosos, poden chegar un pouco máis aló e dicir, se un corpo ten medio quilogramo significa que a suma das masas dos átomos que forman ese obxecto é a metade da suma das masas dos átomos que forman o patrón de 1 kg.
Pero isto non chega para os físicos de partículas. Queren saber de onde lle ven a masa a cada átomo. Ou a cada electrón e a cada tipo de quark. E tamén queren saber por que esa diferenza de masas entre unhas partículas e as outras.
Pense no seguinte: teño un electrón e un quark en medio do espacio interestelar, lonxe de calquera outra cousa. Pregunta: por que me costa centos de veces máis mover un quark que un electrón? Se algún está pensando en algo como, “porque o electrón é máis pequeno ou o quark máis grande”, que o esqueza. Nesas escalas non existe o concepto tamaño. Dito doutro modo, esas partículas son obxectos puntais, para os que iso do tamaño carece de sentido. Tampouco vale algo así como que o quark é máis “denso”. Este é un concepto a escala grande, e non ten sentido cando falamos de partículas elementais.
Volvamos a Higgs, Englert, e compañía. Propuxeron que todo o espazo está cheo dunhas partículas invisibles para nós que agora chamamos partículas de Higgs (ou, máis tecnicamente, bosóns de Higgs, aínda que isto último non é de interese aquí). Outra forma habitual de chamarlle a isto é dicir que o espazo está cheo dun campo: “o campo de Higgs”. Quizais axude a isto pensar noutros campos máis coñecidos, como o campo gravitacional creado pola Terra, ou o campo magnético creado por un imán. A idea de campo é unha construción dos físicos que axuda a entender como se producen os efectos que uns obxectos causan noutros. Por exemplo, a Lúa está sometida ao campo gravitacional da Terra (e viceversa).
Por certo, se algún se está a preguntar, por que non vemos as partículas de Higgs ou o campo de Higgs, a resposta é a mesma que se preguntamos por que non vemos o campo gravitacional da Terra. Pero si que o percibimos. Ese campo gravitacional é o responsable de que nos custe levantar un obxecto, e o de Higgs é o responsable de que nos custe desprazalo se está parado.
Volvamos ao campo de Higgs. Cando a luz (se se quere, as partículas de luz, chamadas fotóns), se moven nese campo, que todo o inunda, non senten ningunha “conexión” (se se quere interacción) coas partículas de Higgs, e por iso van á maior velocidade que a natureza permite. Sen embargo, cando é un electrón o que se move, se “conectan” a el certo número desas partículas e polo tanto presenta un certo problema para se desprazar. Esa dificultade para se mover significa que adquire masa. Se agora temos un quark “u” presenta máis conexión aínda e por tanto máis masa.
Xuntando o “puzzle”, os átomos, e todos os obxectos que eles forman, ao se mover polo espazo, cheo de partículas de Higgs, presentan máis ou menos dificultade para se mover.
Un exemplo visual sería botar diferentes tipos de pelotas na area da praia e tentar movelas sobre ela. Segundo o tipo de pelotas, unhas se desprazan máis facilmente cas outras. A area é o campo de Higgs, e cada areíña é a partícula de Higgs. Este é o mecanismo proposto. Claro, que como sempre ocorre en Física, as ideas hai que escribilas na linguaxe das matemáticas, e iso foi unha faena complexa e que deu lugar a ecuacións complicadas e a algunhas consecuencias importantes. As que aquí nos interesan son dúas, que esa partícula de Higgs ten que ser dun tipo chamado “bosón” e que a súa masa ten que ser máis de cen veces a do protón.
Entón, como podemos “fabricar” unha partícula como esa?
Tentouse en dúas máquinas (aceleradores) grandes chamadas LEP e Fermilab, pero a máquina destinada a acadar este fito foi o LHC que funciona hai un par de anos en Xenebra (Suíza). Fanse colidir miles de millóns de protóns contra outros tantos que van en sentido contrario, e a tal velocidade que dan lugar a creación de centos de partículas que só así poden ser creadas. Unha deses partículas e o bosón de Higgs, que inmediatamente se desintegra para dar outras máis lixeiras. O que fan dous dos detectores do LHC, chamados ATLAS e CMS, é seguirlle a pista a esas partículas que proceden da desintegración do bosón de Higgs, para demostrar que foi creado, e afirmar así que de verdade existe.
Na imaxe temos unha recreación dunha colisión protón-protón para dar unha partícula de Higgs. Os dous sinais vermellos son dous fotóns de moita enerxía que proceden da desintegración dunha partícula de Higgs.
Para iso é preciso primeiro analizar centos de miles de sucesos de entre centos de miles de millóns, e ter un número de candidatos que cumpran as condicións. Pois ben, o día 4 de xullo de 2012 os equipos de CMS e ATLAS presentaron os seus resultados concluíndo que hai evidencia de que unha nova partícula, cunha masa dunhas 125 veces a do protón, se ten creado, e que hai indicios de que do seu comportamento se poda deducir nos próximos meses que se trata da partícula de Higgs.
Se é así, a Física terá completada unha viaxe que comezou hai case cincuenta anos, e teremos unha mellor comprensión de como funciona a natureza. Desde os anos setenta, o modelo físico no que están integrados os quarks, os electróns e outras cantas partículas máis, incluída a de Higgs, recibiu o nome de “Modelo Estándar” da Física de Partículas. Co esperado descubrimento de hai uns días, se se ratifica dentro duns meses, poderemos dicir que o “Modelo Estándar” queda totalmente establecido.
Digamos que coas enerxías que están presentes no universo actual e accesible aos nosos instrumentos, ese modelo danos cumprida resposta ás preguntas que queiramos facer sobre os fenómenos que ocorren dentro del.
Non obstante, falta por comprender con precisión que ocorreu nos primeiros instantes do universo; non se sabe como incluír a gravidade no modelo estándar, e tampouco se sabe que é iso da enerxía escura e a materia escura que se teñen proposto para explicar feitos descubertos hai un tempo. Así que, seguro que no futuro este modelo deberá ser substituído por outro mellor que explique os enigmas que quedan por resolver. A Física ten moito traballo por diante.
Hai tres cousas coas que quero rematar. Unha é a presenza de científicos e científicas de Galicia neste marabilloso reto. Nesa institución que alberga todo este experimento (CERN - Centro Europeo de Investigación Nuclear), hai unhas ducias de físicos e enxeñeiros e informáticos galegos que están en primeira liña de investigación, e o Departamento de Física de Partículas da USC xoga un papel importante na Física que se está a desenvolver nesa institución. A segunda cousa, é que toda esa investigación da lugar a tecnoloxías de todo tipo que acaban por chegar a todos nós. O internet actual coa linguaxe html (www) naceu no CERN, pero tamén o TAC, e o manexo da superconductividade que é a base dos RMN dos hospitais, e moitas outras cousas. Deixar de invertir en ciencia é un grave erro para o futuro. En terceiro lugar, o CERN, que naceu hai case sesenta anos, é unha demostración de que cando os europeos traballan xuntos a prol de obxectivos comúns no que o diñeiro é un instrumento e non un fin, producen grandes beneficios para toda a comunidade. Alí os países quedan nun segundo plano, o que importa é a Europa dos cidadáns, e non a dos mercadores.
Ramón Cid Manzano (Catedrático de Física e Químca do IES do Sar de Santiago de Compostela e profesor da USC).
Suscribirse a:
Entradas (Atom)










