viernes, 9 de marzo de 2012

Educando en valores dende a animación


A propósito da educación en valores, tratada anteriormente no blog,  aquí vos deixo unha curta animada que foi nominada aos Oscar en 2010, e aínda que non gañou, é dunha calidade escepcional.
Coa proxección desta curta, e mediante a elaboración dun exercicio de comprensión crítica, pódense traballar valores na aula como a solidaridade, a humildade, a xenerosidade, a igualdade, e sobre todo, mostrar aos cativos que os prexuizos, e as apariencias non sempre so certeiras.
¡Espero que vos guste!

1 comentario:

  1. Rocio gústame que penses así, pola miña experiencia un gran número de profes pasan as titorías e a educación en valores polo forro. Así imos como imos...Mentres isto non cambie e creamos que os conceptos de mates, de bioloxía, etc. son o que máis importa na ESO a crises de civilización na que estamos inmersos non cambiará.
    Estou de acordo contigo que non fai falla actividades especiais. Nas rutinas diarias de aula de ciencias (ou de calquera materia) pódese facer que os estudantes desenvolvan espírito crítico, responsabilidade social, esforzo, respecto, xenerosidade, honestidade, solidariedade,tolerancia...
    Nas vosas mans como educadores está a posibilidade de facer as cousas mellor, espero que collades o relevo.

    ResponderEliminar