jueves, 29 de marzo de 2012

Referente a entrada anterior.




Ao ver a entrada anterior, acordeime de contarvos dúas boas ideas que eu tiña para levar a cabo durante as prácticas, antes de chegar ao centro e atoparme co meu titor, un home que está bastante molesto porque lle aparacera unha alumna de prácticas, aínda que intente disimulalo sendo amable conmigo, e que o máximo que me deixa facer é sentarme ao fondo da aula para que así vexa como falan os alumnos...
En fin aquí vai.
Fai uns meses chegou ás miñas mans este vídeo, e como a min me ía tocar dar clase en 2º de ESO, tiña pensado, en colaboración co titor/a facer algo semellante. As cancións ían ser "Danza Kuduro" ou "ai se eu te pego" a que os alumnos preferiran, e a temática, a UD que me tocase darlles. 
A distribución ía ser, repartir aos alumnos en grupos e que en dúas sesións de titoría compuxesen cada grupo unha estrofa e o estribillo. 
Logo xa falara co meu mozo, que estuda comunicación audiovisual, para que el nos fose gravar, porque así sería moito máis rápido e poderíamos gravar nunha soa sesión de titoría.
Se o titor/a non quixera colaborar, tiña pensado ir facendoo durante os recreos, porque estaba segura, e sigoo estando, que unha actividade así aos cativos fascinaríalle.
Por outra banda, e por se isto non mo permitira o centro, tiña pensado falar co profe de plástica e emprender unha actividade conxunta na que o arte e maila ciencia se fuxionasen, e preparar unha exposición para por no colexio. 
Aquí veríame limitada polo que o profe de plástica preferise, pero eu tiña pensado, facer unha exposición de espellos decorados cos orgánulos da célula.
Isto é unha actividade sinxela pero moi bonita que eu fixen no cole cando era pequena, so que o debuxo era unha personaxe de conto.
Faise do seguinte modo. Os alumnos con axuda de papel carbón, recalcan o dibuxo que lles toque, por exemplo unha mitocondria na parte de atrás do espello. A continuación, as raias do debuxo vanas rascando cun punzón ata que eliminan toda a pintura do espello e queda soamente o cristal. 
Unha vez teñen todo o debuxo definido no cristal, dáselle unha capa de pintura, que pode ser dunha soa cor, ou de varias, entón o resultado é, un espello normal pero que ten no medio un debuxo máxico que parece que está por riba do espello pero en realidade está por detrás.



Ven sendo algo así, so que aquí a pintura que usaron é branca e non destaca moito.

Despois, tamén en plástica ou en tecnoloxía, os alumnos farían uns marcos de madeira para poder enmarcar os espellos e colgalos no centro.
En clase de ciencias faríamos unhas etiquetas onde explicariamos brevemente a función de cada órgano.
Deixovos aquí estas ideas por se alguén ten a sorte de ter un titor/a de prácticas que realmente lle apeteza e esté encantado/a de tervos alí, porque dende logo ese non é o meu caso, así que isto todo para min quedarase nun soño, porque xa me deixa dar algunha clase a min soa, xa será todo un logro.


6 comentarios:

  1. ¡Qué pena, Rocío! ¿Con la cantidad de buenas ideas que tienes! ¿Y no puedes cambiar de tutor? Quiero decir, ¿en el centro no hay nadie que pueda permitirte dar la clase? Por cierto, en qué curso te toca dar la clase. Supongo, que si no es en 2º de Bachillerato que los chavales están más nerviosillos, tu tutor o cualquier otro profesor no deberían tener inconveniente en que dieses algunas clase bajo su supervisión, ¿no?
    Otra opción que se me ocurre es que hables con tu tutor del máster para que te ayude a solucionar este problema, pero no te puedes quedar sin unas prácticas "como dios manda".

    ResponderEliminar
  2. Pois a miña materia é ciencias naturais de 2º de ESO.
    Si que vou a facer algo, pero teño que darlle un marxe ao meu titor, porque obviamente se pido o cambio de titor pero quedo no mesmo centro a tensión e o mal rollo que pode haber si que me pode perxudicar bastante máis.
    Vou ver como vaia a semana da volta das vacacións, a ver se xa asume que ten unha alumna en prácticas e cambia de actitude.
    A min o venres volveume insistir con que ía preparar unha práctica pero de dar clase non quere nin oir falar, e non me extraña porque como profesor non é digamos o exemplo a seguir.
    Fíxate como é, que o venres, cando tivemos clase co "meu grupo", eles están sentados en foma de U, e claro para sentarme eu con eles hai que andar a mover as mesas e coller unha mesa das do fondo.
    Pois o venres vin que hai unha mesa vacía ao lado da mesa do profesor, supoño que para os castigados que se porten mal ou algo, e díxenlle, porque non me sento naquela mesa que así non hai que andar a mover as mesas? e a súa resposta foi: non é mellor que te quedes aquí que así ves mellor, e ahí estou no medio dos alumnos como se dunha cativa se tratase...
    Pero xa estou coñecendo aos outros profes de ciencias e xa lle insinuei que me deixaran asistir a algunha das súas clases, e a ver se me deixan, o meu titor si que me deixa que vaia con eles, (con tal de se librar de min jajaja) entón eu pola miña conta buscareime a vida, e se non podo dar clase polo menos si que vou intentar ver todas as maneiras posibles de dalas, e sobre todo aprender técnicas de control dos alumnos, porque a do meu titor básase en berrarlles como se non houbese un mañán.
    Menos mal que eu como xa traballo dando clase, pódese dicir que xa collo a experiencia no traballo, pero o de erguerme todos os días para perder o tempo fastidiame bastante.

    ResponderEliminar
  3. Pois a miña materia é ciencias naturais de 2º de ESO.
    Si que vou a facer algo, pero teño que darlle un marxe ao meu titor, porque obviamente se pido o cambio de titor pero quedo no mesmo centro a tensión e o mal rollo que pode haber si que me pode perxudicar bastante máis.
    Vou ver como vaia a semana da volta das vacacións, a ver se xa asume que ten unha alumna en prácticas e cambia de actitude.
    A min o venres volveume insistir con que ía preparar unha práctica pero de dar clase non quere nin oir falar, e non me extraña porque como profesor non é digamos o exemplo a seguir.
    Fíxate como é, que o venres, cando tivemos clase co "meu grupo", eles están sentados en foma de U, e claro para sentarme eu con eles hai que andar a mover as mesas e coller unha mesa das do fondo.
    Pois o venres vin que hai unha mesa vacía ao lado da mesa do profesor, supoño que para os castigados que se porten mal ou algo, e díxenlle, porque non me sento naquela mesa que así non hai que andar a mover as mesas? e a súa resposta foi: non é mellor que te quedes aquí que así ves mellor, e ahí estou no medio dos alumnos como se dunha cativa se tratase...
    Pero xa estou coñecendo aos outros profes de ciencias e xa lle insinuei que me deixaran asistir a algunha das súas clases, e a ver se me deixan, o meu titor si que me deixa que vaia con eles, (con tal de se librar de min jajaja) entón eu pola miña conta buscareime a vida, e se non podo dar clase polo menos si que vou intentar ver todas as maneiras posibles de dalas, e sobre todo aprender técnicas de control dos alumnos, porque a do meu titor básase en berrarlles como se non houbese un mañán.
    Menos mal que eu como xa traballo dando clase, pódese dicir que xa collo a experiencia no traballo, pero o de ir ao centro todos días para perder o tempo fastidiame bastante.

    ResponderEliminar
  4. Bueno, tienes razón en lo que dices. Me refiero a que si intentas cambiar de tutor y te quedas en el mismo centro puede hacer que la situación sea muy tensa... Yo te deseo mucha suerte y esperanza para que cambie de actitud. Ánimo Rocío!

    ResponderEliminar
  5. Gracias por compartir tus ideas, y como dice Marta es una pena que no las puedas poner en práctica con lo buenas que son...Mucho ánimo!!!

    ResponderEliminar